Información Recursos Turísticos de Miño
Espazos Naturais
Praia en contorna rural e estuario, en forma de media cuncha, de area branca e fina. Lonxitude da praia: 450 m. Anchura media: 50 m. Augas tranquilas, con zona de fondeo. En canto aos aspectos ambientais: presenta vexetación; cunha zona protexida da Rede Natura 2000. Observacións: desembocadura do Río Lambre; correntes en baixamar e preamar. Praia con acceso para persoas en situación de discapacidade. Presenta un paseo marítimo. Á esquerda en Ponte do Porco, discorre o camiño inglés. En Ponte do Porco, tamén está unha ponte medieval do século XIV, da época de Fernán Pérez de Andrade. Na desembocadura do río Lambre, temos outra ponte, reedificado, con materiais do antigo, en 1862 pola raíña Isabel II. Ten tres arcos de sillería. No primeiro arco, a cabeza do xabaril, símbolo dos Andrade. Nos xardíns, un monolito a un ilustre académico e outro en honra dos Andrade co xabaril e unha cruz no lombo. Existe unha preciosa lenda sobre o río e o xabaril que fala dun amor imposible e de xestas como proba dese amor.
Praia en contorna urbana, en forma de media cuncha, de area dourada e grosa. Lonxitude da praia: 420 m. Anchura media: 33 m. Ten paseo marítimo. O tipo de praia: é de area escura, con augas tranquilas, con zona de fondeo. En canto aos aspectos ambientais: non presenta vexetación, é unha zona protexida de Rede Natura 2000. Praia con acceso para persoas en situación de discapacidade. Anexo ao porto.
Ampla praia en contorna urbana, en forma lineal, de area dourada e grosa, prolongada por un complexo dunar. Contigua á praia pequena de Miño, só están separadas polo espigón do porto. Lonxitude: 1300m. Anchura media: 33m. O grao de ocupación é alto, conta cun paseo marítimo. En canto aos aspectos ambientais: presenta vexetación. Praia con acceso para persoas en situación de discapacidade. Observacións: está situada na desembocadura do río Baxoi, zona protexida pola Reserva da Biosfera Terras do Mandeo.
Praia en contorna semiurbano, en forma rectilínea, de area dourada. Con augas tranquilas, resgardada aos ventos e con ondada moderada. Lonxitude: 100m. Anchura media: 10m. O grao de ocupación é baixa. En canto aos aspectos ambientais: presenta vexetación. O acceso a pé é difícil. Observacións: na tempada de verán posúe de zona de fondeo, no inverno non.
Lonxitude: 80m. Anchura media: 50m. É máis ben illada. O grao de ocupación é baixo. De area dourada, con augas tranquilas e ondada moderada. En canto aos aspectos ambientais: presenta vexetación. O acceso a pé é difícil.
Praia en contorna semiurbano, en forma de media cuncha, de area dourada, situada no litoral de Miño. Resgardada dos ventos, dispón, ademais, de augas tranquilas e frescas. Praia con ondada moderada. Praia con acceso para persoas en situación de discapacidade. Lonxitude: 540m. Anchura media: 45m. O grao de ocupación desta praia é alto. Ten paseo marítimo. Se ten unha zona de fondeo. O acceso á praia é fácil tanto en coche como a pé.
Zona de especial relevancia paisaxística, situada case ao final da desembocadura do río Xarío na enseada de Bañobre. Bordea a Urbanización Costa Miño. Na senda pódese ver os antigos muíños de auga que pertencían a unha familia da zona. A gran nogueira situada ao bordo da casa, pódese ver inclinada sobre o río.
Situado no lugar da Regueira, parroquia de Miño. Parque público nas inmediacións do Pazo da Fundación Rita Ramos, ao carón do centro de día do Concello de Miño. Parque dedicado ás distintas etapas da vida, e relacionadas co ser humano e o medio natural que o rodea. Serve de estimulación para o coidado do medio ambiente.
Atravesa Miño dende Buiña ata Ponte do Porco. O camiño inglés é o camiño de Santiago que atravesa estas terras e recibe o nome polos peregrinos que, utilizando o mar, desembarcaban no antigo Ferrol ou nos portos adxacentes, como o de Neda, para dirixirse a Compostela. Estes peregrinos eran nórdicos irlandeses e ingleses na súa maioría. Os peregrinos utilizaban os antigos Camiños Reais na súa peregrinación. Os peregrinos dispoñen dun albergue enfronte ás marismas do río Baxoi, a un paso da praia Grande de Miño.