Información Recursos Turísticos de Miño

Arquitectura Civil

Ponte Baxoi

Forma parte do Camiño Inglés, o peregrino dispón dun espazo para o seu descanso, foi construído por orden de Fernán Pérez de Andrade no século XIV Ponte medieval dun só arco.

Antiga Fábrica de Curtidos

Lugar: Ponte do Porco. Parroquia: Santa María de Miño. Denominación: antiga fábrica de curtidos. Cronoloxía: 1806. Está situada preto da estrada N-651, rehabilitada para vivenda fai máis de cen anos, conta con materiais tradicionais. Como elemento máis destacable colócase unha galería de madeira na fachada orientada ao sur. Esta fábrica pasou a mans da familia Echeverría de Betanzos, fornecía coiro e curtidos entre outros, á Armada Española. Os Echeverría viñeron do País Vasco francés a finais do século XVIII e estableceron un tecido industrial, primeiro ao redor da industria peleteira, sobre todo comerciando coas colonias do Río da Prata, e despois ca industria curtidora e a banca. A partir de 1919 coa chegada da curtición química aos poucos este negocio vai languidecendo ata o seu fin. A familia Echeverría montou unha das primeiras liñas telefónicas de Galicia, senón a primeira, entre a súa fábrica da Magdalena, en Betanzos, ou o seu banco e o seu predio en Ponte do Porco. Entre os gustos señoriais e burgueses dende os séculos XVIII ao XX estaban a creación nos pazos de impresionantes xardíns botánicos con especies de todas as partes do mundo; era unha maneira de competir en prestixio. Aínda que as fontes sobre a chegada do eucalipto a Galicia non son claras, temos constancia das primeiras plantacións a partir de 1850. O eucalipto que vemos na praia da Alameda, sen dúbida, é dos primeiros en chegar a Galicia, cunha datación ao redor da metade do século XIX.

Monumento á Casa dos Andrade en Ponte do Porco

O monumento cun porco é unha cruz que sitúase no centro de Ponte do Porco e é unha homenaxe moderna a Fernán Pérez de Andrade «O Bo». Foi obra do escultor compostelán Alfonso Sanmartín, en 1962. Un ano máis tarde tentouse situalo no antigo camiño que unía Ponte do Porco con Ínsua, como homenaxe a Fernán Pérez de Andrade, mesmo se falou coa duquesa de Alba, herdeira da casa dos Andrade, para a inauguración. Pero por diferentes circunstancias non se fixo. Anos máis tarde, en 1981, e despois de anos no xardín do escultor, recuperouse o proxecto e situouse onde podemos atopalo hoxe en día. Baséase nos cruceiros que nos principais edificios do feudo colocaban os Andrade para identificar a súa casa. O oso e o xabaril eran os animais que os representaban. Sobre a súa simboloxía, o xabaril na Idade Media estaba relacionado co demo; así a cruz sobre el representa a vitoria do ben sobre o mal.

Fonte do Cal (Bemantes, San Tomé, Torre)

Esta fonte pétrea foi construída en 1815 por Clemente Dopico, segundo recolle unha inscrición na súa base. Constitúe unha mostra do estilo neoclásico popular. Consta de dous corpos: o primeiro, adintelado, sustenta ao segundo, en forma de arco decorado con volutas.

Muíño de Boucelo (Bemantes, San Tomé, Torre)

Construído de cachotería recuberta de cal, con dinteles e marcos de xanelas de cantería, seguindo a liña do clásico muíño tipo mediterráneo. Consérvase en bo estado a torre, cilíndrica, con dúas portas de acceso e senllas xanelas. Na porta orientada cara ao nacente atópase unha inscrición gravada no dintel, que nos proporciona a data e o nome do seu construtor: “ESTA OBRA FÍXOA VAZQEZ VAZQEZ ANO DE 1840”. Mide sete metros de altura, e conta con aspas fixas orientadas cara aos ventos e tellado a dúas augas. O muíño de vento de Boucelo atópase inventariado, dende o mes de agosto de 1989, no Centro Nacional de Muíños de Vento de España, e está suxeito a Lei de Conservación do Patrimonio Artístico-Monumental que prevén toda modificación tanto do monumento como da súa contorna.

Muíño de A Fraga

Muíño de auga restaurado, pertence a particulares. Está dentro do campo de golf de Perbes.

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies. Aceptar