04 de mar de 2024

VACACIÓNS EN MOVEMENTO

Emprego, Turismo, Deporte, Promoción Económica e Tecido Asociativo

Emprego Turismo Deporte Promoción Económica Tecido Asociativo

 O Concello de Miño pon en marcha o programa “Vacacións en movemento”, para promover e permitir a conciliación da vida laboral, persoal e familiar nas vacacións de Semana Santa a través da
realización de actividades deportivas de calidade que promovan a educación para a convivencia, a igualdade, a interculturalidade, a saúde, e o ocio saudable.

Dirixido a nenas e nenos de 3 a 12 anos.

O programa divídese en dous apartados:


a) Conciliación: dedicados aos nenos e nenas que precisen entrar en horario de mañá, e que logo van participar nas xornadas diarias de deporte cooperativo e de equipo no pavillón deportivo e nas pistas polideportivas de Galea.
 Entrada:
- Ás 08:00 h.
- Ás 09:00 h.
 Saída:
- Ás 14:00 h.

b) Multideporte: dedicados os nenos e nenas que desexen realizar unicamente as xornadas diarias de deporte cooperativo e de equipo no pavillón deportivo e nas pistas polideportivas de Galea.
Entrada:
- Ás 11:00 h.
Saída:
- Ás 14.00 h.

 

A actividade é de balde, e a preinscrición é do luns 4 de marzo ao domingo 17 de marzo.

 

Adxuntos

Anterior Seguinte