05 de nov de 2020

SUBVENCIÓNS MUNICIPAIS PARA A PROMOCIÓN DA CULTURA E O DEPORTE

Educación, Cultura, Comunicación, Participación Cidadá e Transparencia

Educación Cultura Comunicación Participación Cidadá Transparencia

 

O Concello de Miño convoca as subvencións municipais para a promoción da cultura, o deporte e as actividades de interese xeral no tecido asociativo do municipio. 

 

Os clubs e asociación de Miño poderán recibir axudas de ata un 80% do gasto que realicen en actividades e investimentos en base os criterios de valoración das bases.

 

O Concello habilita 18.500€ nesta linea de axudas de concurrencia competitiva. 

 

As solicitudes deberán presentarse no Rexistro xeral de entrada do Concello, xunto coa
documentación esixida na convocatoria. Os criterios de valoración das solicitudes priorizan o número de beneficiados, a promoción do deporte e a cultura entre os máis cativos, o número de socios e a colaboración entre entidades do municipio, entre outros criterios. 

 

O prazo de xustificación remata o 15 de Decembro. 

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies. Aceptar