05 de xan de 2021

ROPERO MUNICIPAL

Servizos Sociais e Benestar

Servizos Sociais Benestar

O Concello creou un roupeiro municipal en Rabazal, á beira da policía local.

Con este novo servizo as persoas que o precisen poden escoller e adquirir sen custo a roupa, calzado e complementos que necesiten, e que quen o desexe poida doar estes artigos cando xa non os utilicen e aínda estean en boas condicións.

 

O horario e condicións para ambas as cousas é o seguinte:

ADQUISICIÓN DE ARTIGOS
1° e 3° Luns de cada mes en horario de10:30 a 13:30 H.
1° e 3° Mércores de cada mes de 17:00 a 19:00 H.

As persoas interesadas deben acudir aos Servizos Sociais do Concello, onde se valorará a súa situación e facilitaránselles vales para trocar polos artíciulos.


DOAZÓN
2° e 4° Luns de cada mes en horario de 10.30 a 13:30 H.
2° e 4° Mércores de cada mes de 17:00 a 19:00 H

Os Servizos Sociais municipais solicitarán o tipo de artigo que se necesite en cada período, segundo as demandas que se vaian recibindo.

 

 

Anterior Seguinte