21 de abr de 2026

OBRADOIRO DE EMPREGO ARTABROEMPRENDE V

Emprego, Turismo, Deporte, Promoción Económica e Tecido Asociativo

Emprego Turismo Deporte Promoción Económica Tecido Asociativo

Os alcaldes de Miño, concello promotor, Pontedeume e Cabanas anuncian a concesión dunha subvención da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración por importe de 481.552 euros para a realización do Obradoiro Dual de Emprego ÁRTABROEMPRENDE V.

O obradoiro terá unha duración de 9 meses, nos que se formarán 20 persoas a través dun contrato como alumna/o traballador/a en dúas especialidades formativas:

  • Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización
  • Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes


A data de inicio prevista é o 1 de xuño de 2026, e as persoas aspirantes deben estar inscritas na Oficina de Emprego.

Anterior Seguinte