24 de abr de 2025

O SISTEMA CL@VE TAMÉN PODE OBTERSE EN MIÑO

Xeral

CL@VE é un sistema para identificarse electronicamente nas relacións coas Administracións Públicas, orientado a unificar e simplificar o acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. O seu obxectivo principal é que o cidadán poida identificarse ante a Administración mediante claves concertadas (usuario máis contrasinal), sen ter que lembrar claves diferentes para acceder aos distintos servizos.

Cl@ve complementa os actuais sistemas de acceso mediante DNI-e e certificado electrónico, e ofrece a posibilidade de realizar firma na nube con certificados persoais custodiados en servidores remotos.

Trátase dunha plataforma común para a identificación, autenticación e firma electrónica, un sistema interoperable e horizontal que evita ás Administracións Públicas ter que implementar e xestionar os seus propios sistemas de identificación e firma, e aos cidadáns ter que utilizar métodos de identificación diferentes para relacionarse electronicamente coa Administración.

Ademais de posibilitar o acceso a trámites electrónicos a quen non dispón de certificado electrónico, o sistema Cl@ve achega un uso sinxelo e seguro, escaneando un QR, confirmando unha petición de autenticación ou a través dun contrasinal permanente ou dun código temporal. É un sistema ademais que permite a tramitación electrónica en dispositivos móbiles que non admitan a firma electrónica con certificados electrónicos.

CL@VE pode obterse de xeito gratuito no rexistro do Concello de Miño (1ª planta), aportando o DNI.

 

Mais información: https://clave.gob.es/clave_Home/clave.html

 

Anterior Seguinte