25 de mai de 2017

PROXECTO DE ORDENANZA REGULADORA DA INSTALACIÓN DE TERRAZAS

Xeral

O Concello de Miño ten a intención de aprobar unha nova ordenanza reguladora da instalación de terrazas. Por iso, en cumprimento do artigo 133 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sométese o proxecto da dita ordenanza á consulta pública e mais á opinión dos suxeitos e das organizacións máis representantivas potencialmente afectados por esta norma.

Dáse un prazo de 10 días hábiles para a presentación das achegas e opinións ao proxecto da ordenanza.

Para consultar o proxecto prema aquí
Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies. Aceptar