15 de feb de 2019

Miño lanza a súa aplicación para móbiles

Xeral


O Concello de Miño lanza a súa aplicación para móbiles. “Miño Informa” é un servizo destinado a manter informados aos veciños e veciñas do noso municipio. A través desta plataforma daranse a coñecer información de cortes de tráfico, anomalías nos servizos de subministro en tempo real. Ademais de dar a coñecer a previsión de eventos culturais, xuntanzas veciñais, alertas meteorolóxicas e novas de todo tipo relacionadas coa vida do concello. Xa podedes descargar a aplicación de forma gratuíta desde PLAY STORE e APP STORE.









img-20190215-103408-606-1024x768
Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies. Aceptar