29 de out de 2015

MIÑO CELEBRA UN  SAMAÍN CARGADO DE ACTIVIDADES

Xeral

MIÑO CELEBRA UN  SAMAÍN CARGADO DE ACTIVIDADES


 MIÑO, 29  DE OUTUBRO  DE 2015

 

O Concello de Miño preparou para este sábado, 31 de outubro, un  Samaín repleto de actividades con música, contos, concursos e degustación de castañas e chourizos. A celebración terá lugar no aparcadoiro subterráneo da praza do Parchís do concello desde primeira hora da tarde.

O magosto comezará ás 16.30 h coa saída das pistas de Rabazal das Santas Compañas do Samaín. Irán grupos de mozos e mozas con disfraces de samaín facendo un pasarrúas pola vila acompañados con música a cargo da Asociación Cultural, Recreativa e Deportiva O´Castro dende Rabazal até o aparcadoiro subterráneo da praza do Parchís.


Máis adiante, ás 17.30 h poderemos deleitarnos coa actuación da compañía Daboapipa na que presentarán “Contos de Animalario”. Seguirá amenizando a festa Brais das Hortas ás 18.30h coa actuación de “Contos de defuntos e outros asuntos”.


Ás 20.00h realizarase a entrega dos premios do 1º Concurso de disfraces de medo e cabazas do Samaín.


Ademais, ao longo da tarde poderase gozar da degustación de chourizos e castañas a cargo da Asociación da Asociación Deportiva Miño e de repostería tradicional a cargo da Asociación de Amas de Casa, Usuarios e Consumidores de Miño.

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies. Aceptar