23 de sep de 2016

Licitación das obras de equipamento multideportivo da Galea, fase II

Xeral

A XUNTA LICITA POR MÁIS DE 420.000 EUROS A CONTRATACIÓN DA OBRA PARA REMATAR O EQUIPAMENTO DEPORTIVO DA REGUEIRA, EN MIÑO


A Xunta vén de licitar, por máis de 420.000 euros, a contratación das obras de equipamento multideportivo da Galea, no concello de Miño. Así se recolle na resolución (http://bit.ly/2deoFN6) que publica hoxe o Diario Oficial de Galicia (DOG).


A finais do mes pasado, o alcalde da localidade, Ricardo Sánchez, e a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, asinaban o convenio de colaboración que recollía esta actuación, cuxa contratación se licita hoxe.


Estas obras constitúen a segunda fase do equipamento da Regueira, de xeito que completarán o traballo realizado anteriormente pola Deputación da Coruña e o concello, e no que se investiron uns 300.000 euros.


En concreto, este proxecto do equipamento deportivo na Regueira recolle: a construción dunha pista dedicada á práctica de running, así como a súa pavimentación con asfalto; a execución dunha pista de tenis e dúas pistas de pádel descubertas; o peche da zona deportiva e o seu alumeado; e a construción de gradas, dun parque infantil e de axardinamento.


Estes traballos inscríbense no Plan Hurbe, que inclúe tres programas de actuación: humanización das rúas, urbanización e mellora de espazos públicos; e equipamentos públicos, referidos especialmente aos de carácter cultural e social.

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies. Aceptar