05 de sep de 2018

Eroski Miño organiza unha festa infantil e unha paella popular para celebrar a súa reapertura tralo incendio

Xeral

O supermercado Eroski Miño organiza unha festa infantil e unha paella popular para celebrar a súa reapertura tralo incendio do pasado mes de xullo. A festa infantil celebrarase o día seis a partir das 17 horas na praza de O Rabazal e será totalmente gratuita. Pola súa banda a comida popular será o sábado día 8 ás 13 horas tamén no Rabazal. A recadación da paella, dous euros por ración, será doada aos Servizos Sociais municipais. Con estes dous actos Eroski Miño quere reforzar o seu compromiso coa sociedade miñense e agradecer a colaboración cidadá recibida por parte dos veciños e veciñas o día do incendio.
Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies. Aceptar