Publicada no BOP a convocatoria para a selección e posterior contratación laboral de 4 persoas desempregadas en risco de exclusión laboral no marco do PEL-Concellos 2026 da Deputación da Coruña.
A convocatoria inclúe a realización das seguintes tarefas: limpeza viaria, mantemento do acceso a núcleos de poboación, pavimentación de vías públicas e limpeza e mantemento da xardinería e dos elementos mobles de parques de uso público.
Prazo de presentación de solicitudes ata o 7 de abril.
*Bases da convocatoria nos adxuntos a esta publicacion.
