No DOG de hoxe publícase a Resolución da Secretaría Xeral da Lingua (adxunta a esta publicación) pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuito, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4.
O prazo de matrícula remata o 28 de febreiro e os cursos realizaranse do 17 de marzo ao 8 de maio, existindo na modalidade presencial e en liña. A súa duración é de 70 horas lectivas.
Matriculación en https://formacion-lingua.xunta.gal/