31 de xul de 2025

AXUDA DO GALP GOLFO ÁRTABRO NORTE PARA A POSTA EN VALOR DO CASTRO DE CENTROÑA-PERBES

Educación, Cultura, Comunicación, Participación Cidadá e Transparencia

Educación Cultura Comunicación Participación Cidadá Transparencia

Os concellos de Miño e Pontedeume reciben unha axuda do Golfo Ártabro Norte dentro do marco do Fondo Europeo Marítimo de Pesca e Acuicultura 2021-2027 para a dinamización económica e social do territorio costeiro para poñer en valor o castro de Centroña-Perbes. 

A axuda financiará un estudo histórico do xacemento e unha campaña informativa sobre a relevancia do castro e ambos concellos aspiran a que algún día o castro se converta nun axente dinamizador de ambos municipios.



Anterior Seguinte