O Concello de Miño é beneficiario dunha axuda plurianual para efectuar melloras no punto limpo municipal, que abrangue os anos 2022, 2023, 2024 e 2025. Esta iniciativa está cofinanciada polo Fondo Europeo Relativo ao Mecanismo de Recuperación e Resiliencia (MRR) da Unión Europea no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea, Next Generation-UE.
Neste ano 2024 a axuda concedida foi de 342,74 €, que se empregaron na renovación da iluminación da caseta de RAESs, coa instalación dun un panel solar no paramento exterior e dun foco no interior.