04 de xan de 2016

AXUDA ECONÓMICA PARA AS FAMILIAS QUE NO ANO 2016 TEÑAN UN FILLO/A OU ADOPTEN UN/UNHA MENOR DUN ANO

Xeral

 

Prazo de presentación: dous meses dende que se produce o nacemento ou adopción.


Poderán ser beneficiarias desta axuda aquelas persoas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que teñan fillas ou filos, nados ou adoptados entre o 1 de Xaneiro e o 31 de Decembro de 2016


Con carácter xeral, a contía total da axuda será de 1.200 € a razón de 100 €/mes durante o primeiro ano de vida do menor.


No caso de adopción o dereito á percepción da axuda producirase desde o mes en que se constitúa a adopción e ata que o neno ou nena faga un ano.


A axuda farase efectiva a través da tarxeta benvida.


Esta tarxeta só poderá ser utilizada en farmacias, parafarmacias, supermercados e tendas de alimentación.
Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies. Aceptar