09 de mar de 2016

Anuncio de exposición pública dos padróns fiscais do imposto sobre vehículos de tracción mecánica

Xeral


ADMINISTRACIÓN LOCAL PROVINCIAL


Deputación Provincial da Coruña


Tesourería e Xestión de Tributos. Servizo de Xestión Tributaria


Padrón IVTM 2016





IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA


A Presidencia desta Corporación, por resolución núm. 5164, do 4 de marzo de 2016, aprobou os padróns fiscais do imposto sobre vehículos de tracción mecánica, correspondentes ao exercicio 2016, dos Concellos de Abegondo, Ames, Aranga, Ares, Arteixo, Arzúa, A Baña, Bergondo, Betanzos, Boimorto, Boqueixón, Brión, Cabana de Bergantiños, Cabanas, Camariñas, Cambre, A Capela, Cariño, Carnota, Carral, Cedeira, Cee, Cerceda, Cerdido, Coirós, Corcubión, Culleredo, Curtis, Dodro, Dumbría, Fene, Fisterra, Frades, Irixoa, A Laracha, Laxe, Lousame, Malpica de Bergantiños, Mañón, Mazaricos, Melide, Mesía, Miño, Moeche, Monfero, Muros, Muxía, Narón, Neda, Negreira, Ordes, Oroso, Oza-Cesuras, Paderne, Padrón, O Pino, Ponteceso, Pontedeume, Porto do Son, Rois, Sada, San Sadurniño, Santa Comba, Santiso, Sobrado, As Somozas, Teo, Toques, Tordoia, Touro, Trazo, Val do Dubra, Valdoviño, Vedra, Vilarmaior, Vilasantar, Vimianzo e Zas, que de conformidade co disposto no artigo 7 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, delegaron na Corporación as facultades que a lei lles atribúe en materia de xestión tributaria e de recadación, relativas aos mencionados impostos.


Os padróns quedarán expostos ao público na Deputación Provincial (rúa Archer Milton Huntington, 17, 15011 A Coruña) onde poderán ser examinados polos interesados durante o prazo comprendido desde o 10 de marzo ao 18 de abril de 2016, ambos os dous inclusive.


O presente anuncio ten carácter de notificación colectiva ao abeiro do disposto no artigo 102.3 da Lei 58/2003, xeral tributaria.


Durante o devandito prazo de exposición pública os interesados poderán examinalos e formular, contra os actos que se notifican, perante a Presidencia desta Deputación, o recurso de reposición regulado no artigo 14.2 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, no PRAZO DUN MES, contado desde o día seguinte ao de finalización do anteriormente devandito período de exposición pública do padrón fiscal. Contra a resolución recaída no recurso de reposición poderán interpor, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo competente, recurso contencioso-administrativo, no PRAZO DE DOUS MESES, contados desde o día seguinte ao da notificación da dita resolución. Se non recae resolución no PRAZO DUN MES, contado desde o día seguinte ao da presentación do recurso de reposición, en virtude do disposto no antedito artigo 14.2 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, entenderase desestimado, cos efectos xurídicos estabelecidos nos artigos 43 e 44 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Non obstante, se se considera conveniente, poderán utilizar e exercitar calquera outro recurso que estimen pertinente.



Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies. Aceptar