06 de out de 2015

100 DÍAS DE GOBERNO DE PROGRESO

Xeral

100 DÍAS DE GOBERNO, un caderno de anotacións xa completado por asuntos cotiás, problemas do día a día, dos que temos os veciños e as veciñas de Miño, á marxe a cuestións de ideoloxías e de disputas políticas. Cen días nos que me dediquei a atender a todos e cada un dos veciños e das veciñas que pasaron polo despacho de Alcaldía.

Pero tamén CEN DÍAS tremendamente útiles para destapar algunhas prácticas de dubidosa legalidade, levadas a cabo durante anos, como por exemplo servizos que se veñen prestando sen os debidos contratos.Así mesmo, CEN DÍAS que están a servir para sentir como a opinión da veciñanza sobre estegoberno vai mudando.


A utilización inxusta e manipuladora das accións municipais por parte dalgunhas persoas, que confunden intereses cidadáns con intereses partidarios, non evitará que este alcalde cumpra cos seus compromisos de transparencia, participación e por suposto comunicación coa súa veciñanza. Porque é un dereito e tamén unha obriga dos xestores públicos comunicar o que xa se fixo nestes cen días de bo goberno. É xestión transparente dende a Alcaldía.


Algunhas cousas xa son feitos, outras están en diferentes fases de execución e veranse materializadas nos meses vindeiros.


ESTAS COUSAS DANME FORZAS para seguir adiante, a pesar de que algunhas persoas PRETENDAN con mocións que se levan ao Pleno entre agochadas e de último minuto para sacar competencias ao alcalde e así FREAR a xestión que pretende. E falo concretamente de paralizar as novas contratacións que se pretenden levar adiante, como un xeito de evitar que saian á luz cuestións relacionadas con este tema ou impedir que o Concello aforre cartos en gastos superfluos ou demasiado caros como se veñen pagando ata hoxe. Aproveito para convocar unha vez máis ás outras forzas políticas para lograr un acordo de maiorías que asegure a gobernabilidade do noso Concello. Pero sempre sobre a base de levar adiante un programa de CAMBIO e de PROGRESO, e claro está, sen dar un paso atrás no xa conseguido, que en primeiro lugar é ter acabado con trinta anos de mala xestión, COMETIDO que nos puxo na situación na que estamos.


TRANSPARENCIA E PARTICIPACIÓN:

  1. Nova páxinaWeb do Concello.

  2. Contratación da instalación de cámaras para a emisión en streaming dos plenos.

  3. Portal de transparencia.

  4. Asembleas coa veciñanza por parroquias.

  5. Reunións con diversas asociacións de Miño.

  6. Estase procedendo á redacción dunmarco regulatorio para a participación directa da veciñanza nos plenos.


SERVIZOSSOCIAIS–EDUCACIÓN–CULTURA–DEPORTES:

  1. Reparacións varias no Colexio Castro Baxoi.



  1. Novo marco regulatorio de bolsas de libros e material escolar para garantir efectivamente o ensino gratuíto.



  1. Novo marco regulador de bolsas de comedor escolar para familias en situación de emerxencia social.

  2. Bolsas de comedor infantil para familias en risco de exclusión social durante o verán.

  3. Bolsas para asistir a campamentos de verán para nenos e nenas de familias en risco de exclusión social.

  4. Mellora nas prestacións do banco de alimentos. Pasouse dun reparto mensual a un quincenal, mellorando a calidade do que se reparte. Aumentou o número de persoas beneficias, de vinte a trinta e dúas; cun reparto mensual de aproximadamente 3.000 quilos de alimentos.



  1. Convenio con empresas locais e da comarca para achegas ao banco de alimentos de Miño.

  2. Estamos traballando para a sinatura dun convenio coa Federación Galega de Surf para facer de Miño un punto de referencia no paddle-surf.

  3.  Posta en marcha da redacción da Relación de Postos de Traballo do Concello cuxa tramitación era practicamente inexistente. Trátase dun documento fundamental para a reorganización do traballo no Concello e a adecuación aos novos criterios de funcionamento da institución.



  1. Posta en marcha dun local social de autoxestión por parte da veciñanza.

  2.  Convenio coa Asociación de Veciños de Costa Miño para o uso das pistas deportivas de Costa Miño.

  3.  Medidas para promover a economía local.

  4. I Festival Frionorostro, no que colaboramos en todo o que se puido coa asociación O Submarino.

  5. Nova programación de actividades de inverno.

  6. Posta en marcha das tarefas necesarias para conseguir financiamento para realizar os arranxos necesarios para poder abrir o centro de día.

  7. Posta en marcha das tarefas necesarias para conseguir financiamento para a execución dunha cortina divisoria das pistas do pavillón polideportivo.


MEDIOAMBIENTE:

  1. Estase redactando, en colaboración co GDR As Mariñas-Betanzos, un documento para declarar as Marismas do Baxoi como Espazo Natural de Interese Local, o que permitirá dunha vez por todas que este espazo natural (marismas-dunas) obteña a debida protección medioambiental, despois de anos de loita para que este espazo tan importante quedase fóra da especulación inmobiliaria.



  1. Redacción dun informe medioambiental da situación na que se atopan as instalacións municipais de Gallamonde.



  1. Posta en marcha do Plan de erradicación do plumacho das Pampas en Costa Miño.

  2. Posta en marcha da limpeza das parcelas propiedade de Fadesa.


REESTRUTURACIÓN DO GASTO:

  1. Posta en marcha de licitación pública das pólizas de seguros do parque automobilístico do Concello.

  2. Revisión de contratos vencidos e posta en marcha da redacción de pregos para a súa licitación pública e transparente (incluso dalgúns servizos que están sendo executados sen o debido contrato). Agora mesmo enfrontámonos a un intento da oposición de paralizar estes expedientes de contratación.

  3. Recorte en gastos superfluos e reasignación de partidas.

  4.  Posta en marcha dos traballos previos para a contratación dunha auditoría enerxética, que permitirá un importante aforro na factura dos servizos de iluminación pública e de consumo de electricidade do Concello.



  1. Posta en marcha dos estudos para revisar o funcionamento do transporte municipal ao centro de saúde.


MANTEMENTO E OBRAS:

  1. Limpeza de malezas en parcelas municipais de Costa Miño.

  2.  Limpeza de beirarrúas de Costa Miño.

  3. Asfaltado e pintado dunha rotonda na rúa das Marismas para a mellora da circulación de vehículos no contorno do colexio.

  4. Reparación de fochas nas vías municipais.


ORDENANZAS:

  1. Estase procedendo á revisión das ordenanzas de vaos, aparcadoiro e terrazas para corrixir as deficiencias detectadas e as constantes queixas das persoas usuarias, así como do Valedor do Pobo.


REVISIÓN DE CONTRATOS:

  1. Regularización dos servizos prestados no Punto de Información Catastral rematando coas irregularidades detectadas. O Punto de Información Catastral está sendo atendido como corresponde por empregados públicos.

  2. Estase revisando o expediente administrativo de Fadesa para deslindar as posibles responsabilidades que puideran existir.


ASUNTOS XUDICIALIZADOS:

  1. Solicitáronse ao Fondo Estatal a achega de 6.000.000 de euros para os efectos de poder facer fronte a un primeiro pagamento pola débeda de 21.000.000 de euros (12.500.000 euros de capital, e o resto de xuros) que o Concello debe asumir como consecuencia da mala xestión dos anteriores equipos de goberno.



  1. Para completar o pagamento aos expropiados de Fadesa deuse comezo á negociación para chegar a un acordo cos expropiados de Fadesa para os efectos de rematar coa constante sangría das contas do Concello polo pagamento de custas e de intereses sobre o capital orixinal. Por primeira vez levouse a cabo unha reunión a nivel político cos afectados.



  1. O Concello preséntase como parte no Xulgado de Betanzos pola denuncia da Carreira. Hai que agilizar esta causa para poder impulsar deste xeito a demanda existente para recuperar os cartos pagados indebidamente naquel intre.


URBANISMO:

  1. Posta en marcha das negociacións para redactar un plan parcial para o monte Piñeiro que cumpra coa normativa vixente, respecte o medio ambiente e sexa asumible por Miño en termos cuantitativos e cualitativos, evitando un novo pelotazo urbanístico e consecuencias como as de Fadesa, xa coñecidas por todos e que nos levaron a esta situación de bancarrota.

  2.  Posta en marcha das tarefas necesarias para a realización dunhas xornadas de urbanismo para analizar e propoñer solucións aos problemas da urbanización Costa Miño, coa intención de dotar a esta urbanización dos servizos necesarios, así como de mellorar as súas condicións medioambientais.

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies. Aceptar