O Alcalde
Manuel Vázquez Faraldo (PSOE)
Concelleiro de Economía, Facenda, Seguridade Cidadá e Protección Civil
Nacido en Miño en 1962, é Licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela e profesor en Máster en Loxística e Transporte pola Universidade da Coruña. Actualmente é, alén de Excelentísimo Alcalde-Presidente do Concello de Miño, Xefe de área Económica-Financeira da autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao.

Economista de Profesión, foi concelleiro en MIño pola agrupación de electores Alternativa Miñoterra dende 1995 ata 2003. Dende 2005 milita no PSdeG-PSOE, entrando de novo na corporación no grupo municipal socialista no ano 2010[2]

Nas elecccións do 26 de maio de 2019 o seu partido acadou nove concelleiros, e o 15 de xuño tomou posesión como o primeiro alcalde socialista de Miño dende 1936.
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies. Aceptar