06 de feb de 2026

RUTA INTERPRETATIVA POLA FRAGA DO XARÍO

Emprego, Turismo, Deporte, Promoción Económica e Tecido Asociativo

Emprego Turismo Deporte Promoción Económica Tecido Asociativo

Este domingo 8 de febreiro o grupo naturalista Habitat realizará unha ruta interpretativa pola Fraga do Xarío, un exemplo representativo das fragas galegas, cada vez máis escasas. A actividade enmárcase no proxecto Fragas Perdidas e consistirá nun roteiro circular duns 3 km á beira do río Xarío, no que coñeceremos a biodiversidade e as principais características do seu bosque de ribeira.

Esta actividade enmárcase dentro da iniciativa Hábitat Protexe, e o importe que se recade destinarase á sú loita contras as agresións ambientais e a conservar os nosos espazos naturais de forma activa. 

Os prezos para esta actividade son: 

Socios/as G.N. Hábitat:

Adultos (maiores de 14 anos): 8 €
Nenos (menores de 14 anos): 5 €
Non Socios/as G.N. Hábitat:

Adultos (maiores de 14 anos): 10 €
Nenos (menores de 14 anos): 8 €


As prazas son limitadas. Para a participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do formulario habilitado. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat.

 

INSCRICIÓN

Anterior Seguinte