28 de xul de 2017

OBRADOIRO DE EMPREGO

Xeral

O pasado venres publicouse o listado de Obradoiros de Emprego concedidos para o ano 2017.

Recordámosvos que para participar, como membro do equipo directivo, docente e de apoio ou como alumno-traballador, debedes estar inscritos no Sevizo de Colocación, no primeiro caso coa demanda actualizada, e no caso de alumnos-traballadores no epígrafe 340.

Este ano no obradoiro impartirase a especialidade de "Atención Sociosanitaria a persoas dependentes en Institucións Sociais".

Requisitos:
Título de Graduado en Educación Obrigatoria (ESO), Proba de Acceso a Ciclo Formativo de Grao Medio, Certificado de profesionalidade de nivel 1 da mesma familia profesional, Proba de Acceso á Universidade (PAU) para maiores de 25 anos.

obradoirodeemprego
Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies. Aceptar