02 de xul de 2015

MIÑO PON EN MARCHA O «PROXECTO VERÁN PARA TODOS»

Xeral

A iniciativa prestará apoio aos menores das familias máis vulnerables do municipio garantindo a súa alimentación e a súa integración a través do deporte e as actividades lúdicas durante o periodo estival

O Concello de Miño  puxo en marcha onte 1 de xullo o programa «Proxecto verán para todos». A iniciativa promovida polo novo Goberno local prestará apoio aos menores das familias máis vulnerables do municipio garantindo a súa alimentación e a súa integración a través do deporte e as actividades lúdicas durante o periodo estival.


Este proxecto, amosase como unha actuación integral dirixida a un colectivo de alta vulnerabilidade. Nel, poderán participar aquelas familias con menores ao seu cargo que teñan un expediente social nos Servizos Sociais de Miño ou figuren como usuarias do programa de reparto de alimentos.


Ante o peche dos comedores escolares durante os meses de xullo e agosto, e a dificultade que poden ter algunhas familias para cubrir a alimentación dos seus fillos, así como a asistencia destes a actividades recreativas e lúdicas co grupo de iguais, desde o Concello de Miño ponse en marcha esta solución inmediata que permitirá dar a cobertura destas necesidades puntuales.


Tendo en conta os recursos cos que conta a día de hoxe o Concello, este novo proxecto garantirá a inclusión dos menores de entre o 2003 e o 2011 das familias destinatarias que o precisen, nas actividades de Apoio ás Familias con carácter gratuito. Así mesmo, darase cobertura diaria da comida destes menores mediante un servizo de reparto dun restaurante da zona que o servirá no local da actividade e que será atendida polas monitoras do programa, dentro do mesmo grupo de compañeiros.


Tamén se ampliarán de forma urxente de vales de alimentos, para a cobertura daquelas familias que non estean incluídas nesta actividade e ofertaranse prazas gratuitas para a práctica de actividades deportivas nos clubs locais que as ofrezan.


O Goberno local valorar a posibilidade de ampliar o reparto de comida a través do banco de alimentos a unha periodicidad quincenal ata mediados de setembro si os técnicos municipais detectasen que isto fose necesario para algunha das familias. Con esta medida, o Goberno municipal inicia unha nova etapa na atención do Concello ás os veciños e veciñas en situacións de vulnerabilidade.

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies. Aceptar