O vindeiro sábado 5 de abril terá lugar un curso de defensa persoal para mulleres, financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia.
O curso, segundo o Método Mas, componse dunha parte teórica e práctica que se dará en conxunto de forma que a formación sexa dinámica. Na parte teórica traballaranse conceptos psicolóxicos tanto da vítima como do agresor e o código penal.
Haberá unha parte de desenvolvemento do control das 5 claves que contempla o programa como son a respiración, a observación, a valoración, a estratexia e a técnica. Tamén se traballará todo tipo de prevención para situacións de risco que leven a evitar todo tipo de confrontamiento físico, pero se este non é evitable aprenderemos un gran amplo abanico de técnicas como poden ser defensas ante un ataque ou un agarre ao peito ou ao xeito ou un ataque cunha arma branca.
A finalidade do curso é que a muller teña ferramentas suficientes para sentirse segura nunha situación de risco en todos os ámbitos da súa vida.
As prazas son limitadas, e é necesaria inscrición previa nos teléfonos 981 784 405 e 981 782 659.