17 de feb de 2016

CONMEMORACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Xeral

CONMEMORACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO


 

Neste mes, hai 179 anos nacía Rosalía de Castro, a autora nuclear das letras galegas modernas e unha das figuras indispensable do panorama literario do século XIX. O vindeiro 24 de febreiro, día no que se cumpre o aniversario do seu nacemento desde Miño conmemórase a súa figura.




O Concello  propón á veciñanza que participe neste evento para homenaxear a esta escritora fundamental das nosas Letras, co gallo da conmemoración do nacemento da poeta. O acto terá lugar o mércores 24 de febreiro de 17.00 a 20.00 horas no Auditorio municipal do Centro Social da Rúa.


Neste encontro procederase á lectura pública da obra de Rosalía de Castro: Cantares Gallegos,  Follas Novas e  Rosalía Pequeniña




Asemade convídao a participar na lectura publica da obra rosaliana e para iso deben inscribirse dende o 16 ao 23 de febreiro na Biblioteca Pública ou nos Servizos Sociais Municipais.


 a



Cita


Día: Mércores  24 de febreiro


Lugar:  No Auditorio municipal do Centro Social da Rúa


Hora:  de 17.00 a 20.00


 a





rosalia-de-castro

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies. Aceptar