04 de nov de 2015

Chega o Bono de Alugueiro Social

Xeral

Chega o Bono de Alugueiro Social

Un bono destinado a atender as familias que necesiten axuda para asumir o custo de arrendamiento da súa vivenda. Axuda social que consisten en bonos mensuais de 150 euros, concedidos por un periodo de 12 meses e prorrogables por outros doce.


O Goberno galego aproba o Plan RehaVlta (Plan galego de rehabilitación, aluguer e mellora do acceso á vivenda 2015-2020). Nel inclúense novas medidas complementarias ao programa de apoio a familias que corren risco de perder a súa vivenda y polo impago da súa hipoteca. Creouse un novo programa específico para paliar os efectos dos desafiuzamentos por impago do arrendamento da residencia habitual: O Bono de Alugueiro Social.


As axudas do Bono Alugueiro Social están destinadas a atender con carácter urxente as familias que precisen, por estar inmersas en situación de especial dificultade, dunha axuda para asumir o custo de arrendamiento da súa vivenda, paliando deste xeito os efectos derivados dunha resolución xudicial ditada nun procedemento xudicial de desafiuzamento por impago das rendas da súa vivenda habitual ou, no seu caso, evitando que os afectados sexan desaloxados da mesma.


Estas axudas consisten en bonos mensuais de 150 euros, concedidos por un período de 12 meses e prorrogables por outros doce, así como unha axuda adicional de 450 euros para facer fronte aos gastos derivados dun novo contrato ou para atender cantidades pendentes no caso de continuar na mesma vivenda.


No documento adxunto atopará información máis detallada desta axuda social en politica de vivenda:


Bono de Alugueiro Social

Adxuntos

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies. Aceptar