04 de xan de 2016

Chega a Miño a Cabalgata de Reis cargada de actividades

Xeral

Chega a Miño a Cabalgata de Reis cargada de actividades


O municipio estará acompañado mañá, 5 de xaneiro, de carrozas a ritmo de batucada que levarán ata a recepción dos Reis Magos e como colofón contará con actividades, animación e inchables para os máis pequenos da casa



MIÑO, 4  DE XANEIRO  DE 2015REYES


A Cabalgata dos Reis Magos chega mañá,  día 5 de xaneiro,  a Miño e con ela a ilusión para centos de nenos e para os seus pais, que acudirán como cada ano, a gozar do espectáculo das carrozas, da música e das actividades infantís.


As carruaxes arrincarán ás 18.00 horas da praia Grande e percorrerán a estrada da Praia, seguindo pola rúa da Barrosa para despois pasar pola rúa da Carreira e Raxel e de aí dirixiranse ao pavillón municipal. Durante todo este traxecto, as carrozas moveranse a ritmo de batucada que estará a cargo do grupo Bloquinho de Xermolos, entre os integrantes do grupo, farán soar surdos, caixas, tamborís, timbais, agogós, chocallos, repeniques, baquetas e mazas que marcarán unha cabalgata con ritmos moi animados e de diversos estilos.


Unha hora e media máis tarde, ás 19.30 horas, rematado o percorrido, terá lugar a recepción dos Reis Magos e a entrega dos agasallos, onde os máis pequenos da casa poderán pedir ao seu rei favorito os seus desexos. Posteriormente o municipio de Miño concluirá cunha festa infantil que contará con animación, inchables e talleres no pavillón municipal.


Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies. Aceptar