18 de feb de 2026

AMPLIACIÓN DE SERVIZOS NO XEOPORTAL MUNICIPAL DE DATOS

Educación, Cultura, Comunicación, Participación Cidadá e Transparencia

Educación Cultura Comunicación Participación Cidadá Transparencia

 O Concello de Miño continúa avanzando na súa aposta por achegar a administración á veciñanza facilitando o acceso aos datos xeoespaciais e xeográficos coa incorporación do PXOM ao Xeoportal de Datos, aloxado nesta páxina.Isto permite consultar de forma sinxela e gratuíta a situación urbanística das parcelas catastrais do Concello, engadíndose ao Inventario de Camiños e ás Faixas de Protección contra Incendios.

Para acceder, hai que premer na pestana da parte superior dereita

 

Ao entrar, pódese escoller entre as tres posibilidades:


O novo visor ofrece información detallada sobre mapas, planos, normativa urbanística e documentación técnica, accesible dende calquer lugar.

Anterior Seguinte