Igualdade

Igualdade

A Concellería de Igualdade traballa para alcanzar a igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, e a eliminación de todas as formas de discriminación por razón de sexo, en particular a que afecta ás mulleres. Fomenta a participación de mulleres e homes en todos os ámbitos da sociedade, no mesmo nivel de responsabilidade, dereitos, obrigas e liberdade, con especial atención á prevención da violencia de xénero e á atención ás súas vítimas. Neste sentido participa na campaña En negro contra as violencias dende o ano 2019, para sensibilizar a toda a poboación miñense.

Para isto segue os principios básicos de igualdade de trato entre mulleres e homes, discriminación directa e indirecta por razón de sexo e accións positivas por parte dos poderes públicos para corrixir situacións de desigualdade.

Ademais dos aspectos máis evidentes, a concellería aplica tamén a perspectiva de xénero na realidade social, cultural e artística de Miño, de xeito que esta sexa unha realidade que abranga e implique a todo o pobo.

Novas da área
Contacto

Pode poñerse en contacto a través do correo electrónico ou ben recheando o seguinte formulario.

Código de verificación
Enviar