14 de ene de 2016

RESUMO DAS AXUDAS E SUBVENCIÓNS QUE SAÍRON PARA ESTE 2016

General

RESUMO DAS AXUDAS E SUBVENCIÓNS QUE SAÍRON PARA ESTE 2016
 

Neste documento reunimos todas as subvencións e axudas que fomos publicando, polo momento, para este ano 2016. Ademais de mencionar cada unha delas, engadimos as ligazóns:


 


 Axuda económica para as familias que no ano 2016 teñan un fillo/a ou adopten una/unha menor dun ano.


Prazo de presentación: dous meses dende que se produce o nacemento ou adopción.


Poderán ser beneficiarias desta axuda aquelas persoas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que teñan fillas ou filos, nados ou adoptados entre o 1 de Xaneiro e o 31 de Decembro de 2016
Con carácter xeral, a contía total da axuda será de 1.200 € a razón de 100 €/mes durante o primeiro ano de vida do menor.
No caso de adopción o dereito á percepción da axuda producirase desde o mes en que se constitúa a adopción e ata que o neno ou nena faga un ano.
A axuda farase efectiva a través da tarxeta benvida.
Esta tarxeta só poderá ser utilizada en farmacias, parafarmacias, supermercados e tendas de alimentación.





A Consellería de Economía, Emprego e Industria establece as bases reguladoras para a subvencións para a mellora de imaxe, modernización, establecemento de novas fórmulas e medios de comercialización no sector comerciante retallista e artesanal galego.


Prazo aberto: 18/02/2016


Subvencións para a mellora de imaxe, modernización





 Convocatoria do proceso de Acreditación de Competencias Profesionais


A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica no DOG núm. 4 do venres, 8 de xaneiro de 2016 a Orde do 23 de decembro de 2015 pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral en varias ocupacións
Prazo ata o 05 de febreiro de 2016
Para máis información ou realizar os trámites de solicitude:
Coa axente de emprego e desenvolvemento local
(Local Social de Rabazal)

Axencia-de-emprego-e-desenv

 

 


 Convocatoria do Procedemento de Recoñecemento da experiencia laboral


O DOG núm. 5 do luns, 11 de xaneiro de 2016 publica a Orde do 29 de decembro de 2015 pola que se realiza a convocatoria pública do procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral


Prazo ata o 10 de febreiro de 2016:

Para máis información ou realizar os trámites de solicitude:
Coa axente de emprego e desenvolvemento local
(Local Social de Rabazal)

Axencia-de-emprego--2

 

 


Atención Social en Odontoloxía para persoas sen recursos


 

Perfil de usuarios:

- Sen recursos económicos suficientes para face fronte a un tratamento odontolóxico privado (nin eles nin familiares directos)
- Persoas en situación de seguimento e apoio social por parte dos SS.SS. Municipais.
- Capaces de asumir a responsabilidade do tratamento.

Derivación:

Dende SS.SS. con informe técnico, diagnóstico do odontólogo de atención primaria e informe do médico de cabeceira.

Mais información:
Nos Servizos Sociais do Concello de Miño, sito no Centro Social de Rabazal.

Servizos-Sociais


Programa  Ticket Eléctrico Social  2º Sem 2015-1º Sem 2016


REQUISITOS:

- Que na unidade de convivencia haxa menores de idade ou discapacitados = o maior do 33%
- Ser o pagador da correspondente factura eléctrica
- Que os ingresos da unidade de convivencia non superen 1,5 veces o IPREM = inferiores a 9.585,19 ao ano ou 798,76 ao mes

PLAZO DE SOLICITUDE:

Do 15 de Xaneiro de 2016 ata o 31 de Xullo de 2016.

DOCUMENTACIÓN E SOLICITUDES:
Nos Servizos Sociais do Concello de Miño, sito no Centro Social de Rabazal.

Servicios-soxiales-axuda


 Axudas urxentes de  tipo social para evitar cortes de subministración eléctrica ás persoas máis vulnerables


Tipo de Axuda: 100 % do importe (IVE incluído) da factura da luz emitida con posterioridade ao 1 de Xaneiro de 2016 (vivenda habitual), cun límite máximo de 2 facturas/ano (si facturación mensual) ou 1 (si facturación bimensual), cun importe máximo de 200 euros por ano e solicitante.


Requisitos:
- Ingresos totais da unidade de convivencia inferiores a 6.390,13 /ano.
- Dispor de aviso de corte por non pagamento ou terse xa producido.
- Ser o titular da subministración eléctrica.

Período de solicitudes:
Entre o 15/01/16 e o 15/11/16

Mais información:
Nos Servizos Sociais do Concello de Miño, sito no Centro Social de Rabazal.

Servicios-sociales-axudas2

 


A Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) convoca as subvencións a festivais do sector audiovisual para ou ano 2016.


Data de inicio 28/12/2015
Data fin prazo de solicitude: 28/01/2016

Subvencións a festivais

 


A Consellería de Economía, Emprego e Industria establece as bases reguladoras para a subvencións para a mellora de imaxe, modernización, establecemento de novas fórmulas e medios de comercialización no sector comerciante retallista e artesanal galego.


Prazo aberto: 18/02/2016

Subvencións para a mellora de imaxe, modernización

 


A Consellería do Medio Rural convoca as axudas para o fomento da silvicultura en bosques no medio rural, en concorrencia competitiva, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2016.


Data de inicio: 30/12/2015
Data fin do prazo de solicitude: 30/01/2016

Axudas para o fomento da silvicultura en bosques no medio rural, en concorrencia competitiva, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader)

 


O Instituto Enerxético de Galicia convova as subvencións para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa, para o ano 2016, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020.


Data de inicio: 30/01/2015
Data fin do prazo de solicitude: 14/02/2016

Subvencións para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa, para o ano 2016

 


A Consellería do Medio Rural convoca axudas para a reforestación e para a creación de superficies forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2016.


Data de inicio: 30/12/2015
Data fin do prazo de solicitude: 30/01/2016


Axudas para a reforestación e para a creación de superficies forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader)

 


A Consellería de Economía, Emprego e Industria convoca as subvencións para a contratación de persoal técnico para a realización de actividades de información, orientación e prospección de emprego no exercicio 2016.


Subvencións para a contratación de persoal técnico para a realización de actividades de información

 


A Consellería de Economía, Emprego e Industria convoca as subvencións para os obradoiros de emprego dentro dos programas mixtos de emprego e formación da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016.


Subvencións para os obradoiros de emprego dentro dos programas mixtos de emprego e formació

 


A Conselleria de Economía,Emprego e Industria convoca as subvencións dirixidas a entidades locais para a contratación temporal de persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras da renda de integración social de Galicia (Risga) para o ano 2016.


Data de inicio: 30/12/2015
Data fin do prazo de solicitude: 30/01/2016

Subvencións dirixidas a entidades locais para a contratación temporal de persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras da renda de integración social de Galicia (Risga)

 


A Consellería de Economía, Emprego e Industria convoca as axudas e subvencións para o Fomento do Emprego e Mellora da Empregabilidade no ámbito de colaboración coas entidades locais e procede á súa convocatoria para o exercicio do ano 2016.


Data de inicio: 30/12/2015
Data fin do prazo de solicitude: 30/01/2016

 

Subvencións para o Fomento do Emprego e Mellora da Empregabilidade no ámbito de colaboración coas entidades locais



A Xunta abre o prazo de solicitude de axudas para a rehabilitación de vivendas nos sete Camiños de Santiago, cun investimento de 3,2 millóns de euros para o vindeiro ano


 


O Instituto Enerxético de Galicia aproba as bases reguladoras das subvencións para a creación, mellora e ampliación de pequenas infraestruturas para proxectos de enerxías renovables, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se anuncia a convocatoria anticipada para o ano 2016.


Data de inicio 29/01/2015
Data fin de prazo de solicitude: 13/02/2016

Subvencións para a creación, mellora e ampliación de pequenas infraestruturas para proxectos de enerxías renovables

 


A Conselleria de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza convoca a subvencións para a Creación e/ou Mellora das Infraestruturas,Dotacións, Instalacións e Equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais, destinados a concellos de Galicia para o ano 2016, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020.


Subvencións para a Creación e/ou Mellora das Infraestruturas,Dotacións, Instalacións e Equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais


A Conselleria de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza convoca a subvención para O Fondo de Compensación Ambiental 2016.


Data inicio do prazo: 28/12/2015
Data fin prazo de solicitude: 28/01/2016

Subvención para O Fondo de Compensación Ambiental 2016

 


Axudas para novos emprendedores (2016)


Esta axuda nace co obxectivo de fomentar a aparición de proxectos de creación de pequenas e medianas empresas ou de realización de investimentos en pequenas e medianas empresas novas promovidas por novos emprendedores para a ampliación do seu novo establecemento.


O prazo de presentación finaliza o 12/02/2016


Axudas para novos emprendedores (2016)


Sección de Educación, Cultura e Deportes. Subvención da Diputación da Coruña para a participación na programación da Rede Cultural para o ano 2016.


Co obxecto de contribuir á difusión e á promoción da música, do folclore, do teatro, da danza, do cine e das demais manifestacións artísticas na provincia, por medio do coñecemento das actividades que se están a producir neste ámbito e do seu achegamento aos nosos concellos, fomentando o uso da lingua galega e a defensa dos valores da igualdade de xé- nero.


Subvención convocada por Deputacion Provincial para REDE CULTURAL-2016





Axencia de Turismo de Galicia


A Axencia de Turismo de Galicia establece as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións a concellos declarados municipios turísticos, para a contratación de persoal nas oficinas de turismo nos meses de xuño, xullo, agosto e setembro, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016.

Subvención da Axencia de Turismo de Galicia

 

Adjuntos

Anterior Siguiente
Esta web emplea cookies. Si continúas navegando entendemos que aceptas nuestra Política de cookies. Aceptar