11 de jul de 2018

O Goberno local de Miño lamenta o retraso inxustificado da Deputación na cesión da Carretera da costa

General

Miño, 10 de xullo de 2018-. O Goberno local de Miño censura o retraso inxustificado por parte da Deputación provincial na cesión da Carretera da Costa, no tramo comprendido no frente da Praia Grande. O alcalde de Miño, o independiente Ricardo Sánchez, sinalou que se trata dunha vía de comunicación de vital interese para os veciños e veciñas de Miño por varios motivos, como son o PXOM, a modificación puntual da urbanización Monte Piñeiro eo desenvolvemento desta urbanización, así como a xestión e regulación do aparcamento nesta zona. Deste xeito foi transmitido polo rexedor na reunión mantida co presidente da Deputación, Valentín Formoso, en setembro de 2016, data na que se iniciou o proceso para a cesión desta infraestrutura despois de contar con visto bo do presidente de forma verbal. O Goberno local lamenta que case dous anos depois aínda non exista unha resolución formal por parte do ente provincial.

Tras o compromiso do presidente, a tramitación iniciuse de forma oficial a comezos do 2017. Na documentación remitida polo Concello incluiuse a xustificación basada nos tres aspectos fundamentais tratados na conversa. Por un lado o PXOM, por outro a necesidade de contar con esta vía de comunicación na previsión da conexión da urbanización de Monte Piñeiro co sistema xeral, e por outro, a necesidade de ordear o aparcamento nesta zona de especial afluencia na tempada estival.

«Contabamos con ter a titularidade dasta vía a comezos do presente ano, pero de forma inxustificada vense retrasando este asunto. É lamentable que case dous anos despois de iniciar as conversas co presidente e mais de un ano e medio despois de tramitar o expediente aínda nos atopemos así», sinalou rexedor. Sánchez afeou a postura tomada polo Goberno provincial no que calificou como «ninguneo político». «Non sabemos se se debe a unha falta de dilixencia, aunha xestión deficiente ou existe unha intencionalidade política froito dos xogos partidistas», dixo. O alcalde sinalou que a semana pasada solicitou unha reunión urxente co presidente pata abordar este asunto así como para coñecer a financiación que a Deputación comprometeu publicamente para a mellora do campo de futbol de Gallamonde.

Anterior Siguiente