04 de mar de 2016

O Concello realizará o curso de aplicador/a de produtos fitosanitarios

General

MIÑO, 4 DE MARZO DE 2016

Ante a demanda entre a poboación miñense da realización dun curso para obter o carné de aplicador/a de produtos fitosanitarios de nivel básico, o Concello realizará o  Curso de aplicador/a de produtos fitosanitarios nas instalacións da escola de S. Xoán de Vilanova, nas seguintes datas e horarios:


Sábado, 12 de marzo, en horario de 10:00 h a 14:00 h e de 16:00 h a 21:00 h


Domingo, 13 de marzo, en horario de 10:00 h a 14:00 h e de 16:00 h a 21:00 h


Luns, 14 de marzo, en horario de 17:00 h a 22:00 h


Martes, 15 de marzo, en horario de 17:00 h a 19:00 h. Exame de 19:00 h a 21:00 h


Para máis información dirixirse ao Concello a través do número de teléfono 981778914 ou do correo electrónico:medio.natural@mino.dicoruna.es

Anterior Siguiente