07 de feb de 2018

MELLORAS NA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL "A CEBOLIÑA" NO 2016

General

O Concello de Miño recibiu no ano 2016 unha axuda de 27.269,38 € para a mellora da Escola Infantil Municipal de Miño “A Ceboliña”, ao abeiro da Orde do 13 de xullo de 2016 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para o investimento na mellora das infraestruturas e o equipamento das escolas infantís 0-3 e puntos de atención á infancia (PAI) dependentes das corporacións locais e se convocan para o ano 2016 (cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020) da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social, pola que se realizaron as seguintes obras e adquisicións:


OBRAS DE MELLORA





No patio exterior descuberto: no valo perimetral do patio exterior cuberto colocouse elemento translúcido coa altura do peche existente, para protexer das correntes de aire aos menores e da entrada de lixo e follas, realizouse unha arqueta e conexión ao rexistro de pluviais existente no lateral do patio para impedir a formación de superficies con pozas no interior do patio e colocáronse dous puntos de luz novos.




Nos paramentos verticais das aulas: os paramentos verticais das aulas revestíronse cun zócalo de altura variable cun material lavable e de fácil limpeza “TRESPA” e sobre este zócalo aplicouse unha pintura plástica lisa en cores claras ata o teito.




Pavimento dos baños: colocouse un LINÓLEO continuo, con propiedades funxicidas e antibacterianas, así como un grao de rasbaladicidade de clase 2 e cor madeira.




Carpinterías: Debido ás filtracións de aire e para mellorar o acondicionamento térmico colocáronse guarnicións entre os paramentos verticais e as fiestras. Colocouse tamén un dispositivo na porta de entrada da gardería para evitar que esta quede aberta. Substitución de dous cubre-radiadores das aulas.




Ampliouse o son do timbre para facilitar a escoita do mesmo na aula número 5.




ADQUISICIÓN DE EQUIPAMENTO





Para a cociña mercouse un forno, unha neveira de maior capacidade e unha placa de inducción de maior tamaño




Un armario empotrado




Estores aula sensorial




11 camas apilables.




4 valos para delimitar a zona dos bebés na aula mixta




1 contedor grande para cueiros




2 mobles pirámide dobre expositor de libros




Teatro decobarrera




Cociniña de madeira




Carriño de psicomotricidade con accesorios




Carriño de 3 cubetas para material de plástica




2 bumbos




Obradoiro de madeira




95 Contos




Material didáctico




Melloras conseguidas grazas ao apoio financeiro de
Xunta de Galicia
Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional

Anterior Siguiente