15 de dic de 2015

Miño abre as súas portas á exposición "O Patrimonio Marítimo de Galicia"

General

Miño abre as súas portas á exposición "O Patrimonio Marítimo de Galicia"

O Concello recibe o vindeiro luns a exposición vinculada co medio mariño galego. As 13 obras atoparanse distribuídas ao longo da Casa do Concello, coincidindo o horario de visita co de apertura do Concello.


O Concello de Miño acolle desde o vindeiro luns 21 de decembro a exposición "O Patrimonio Marítimo de Galicia", cedida polo CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia),  cuxas obras se distribuirán por toda a Casa do Concello.


Por conseguinte, desde o 21 de decembro de 2015 ata o 11 de xaneiro de 2016 poderase gozar desta mostra vinculada co medio mariño e, concretamente, co litoral galego e coas súas actividades, oficios e modos de vida relacionados co mar.


Para pescar, transportar e logo conservar foi preciso construír barcos e despois portos para protexelos, así como edificios acomodados para transformar o peixe. Tamén, houbo que concibir aparellos, útiles de traballo e técnicas singulares. Entre outras cousas, todo isto é o que recolle o que ben se rotula como "Patrimonio Marítimo" e que o Concello de Miño ten o privilexio de telo durante case un mes.





Lugar: edificio do Concello, dende o 21 de decembro de 2015 ao 11 de xaneiro de 2016.

Días de visita: coincidindo co horario de apertura do Concello.

             Luns a venres: 8:30 a 15:00 horas.

             Martes: 16:00 a 18:30 horas.

             Sábados: 10:30 a 13:00 horas.

Os días 24 e 31 de decembro o Concello permanecerá pechado, ao igual que os domingos e festivos.

A través desta ligazón poderán ver as características da exposición: http://bit.ly/1P4wqSW

 

Anterior Siguiente