05 de oct de 2015

Amplíase o prazo de inscrición das actividades socioculturais de Miño

General

AMPLÍASE O PRAZO DE INSCRICIÓN DAS ACTIVIDADES SOCIOCULTURAIS DE MIÑO

Amplíase o período de inscrición das actividades socioculturais e deportivas ata o 16 de outubro. Estas actividades van dirixidas tanto aos máis pequenos da casa como aos nosos maiores, onde atoparán un programa renovado con novos obradoiros. Ata ese prazo todas aquelas persoas que queiran apuntarse deberán inscribirse no departamento de Servizos Sociais ou na sede electrónica.


O mes de outubro comeza cun gran número de actividades no municipio, que ademais de manter os labores que viñan facendo, fíxose unha aposta forte para satisfacer tamén outro tipo de inquietudes, como é o caso do obradoiro de teatro infantil e o curso de iniciación á fotografía. Ademais, tense como obxectivo que Miño se converta nun lugar de referencia en deportes vinculados ao mar.


A maioría das actividades que presenta o programa comezan ao longo deste mes de outubro agás a Escola deportiva municipal de Natación e os Obradoiros de Memoria que comezarán no mes de novembro.

Anterior Siguiente